Invocación de Amergín.

  Poema en forma de invocación atribuido ao bardo Milesio Amergín e recollido no Leabhar Ghabhala Eireann ou libro das invasións de Irlanda escrito por monxes irlandeses no século XI e recollido da tradición oral. A tribu dos Milésians estaba asentada na actual Galicia segundo este texto.


Eu son o vento no mar
Son unha onda no océano
Son o ruxido do mar
Son o Touro das sete loitas

Eu son un corvo nos cantís
Son unha pinga de xiada
Un valeroso xabarín
Son salmón nunha lagoa

Eu son un lago n’antiga chaira
Son unha montaña nun home
Son unha verba con destreza
Son a punta dunha lanza
Son o deus da inspiración

Quen venceu a escárpada montaña
Quen anuncia as fases da lúa
Quen di onde cae o solpor?
Quen chamou o gando da casa de Tetis

A quen sorrín as estrelas qu’emerxen do mar
Feitizos de lanza? Feitizos do vento.






Entradas populares